Ciencia Educación Infantil
Todos, incluídos os máis pequenos, sentimos curiosidade polas nubes, atracción por elas e nalgún momento diriximos a vista ao ceo para observalas.
Con este proxecto decidimos afondar no coñecemento das "nubes" dende o punto de vista das ciencias, para iso centrámonos en aspectos como: a formación, os tipos ou as súas características en canto a forma, cor, composición e tamaño.
Non cabe dúbida que as nubes, pola nosa climatoloxía, pódense observar facilmente dende as nosas aulas cando falamos do tempo, por iso e por ser un tema cercano decidimos traballalo, tendo en conta o método científico, intentando así eliminar falsas ideas (estereotipos).
Para penetrar e disipar as nubes da escuridade,
a mente debe ser fortalecida pola educación.
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es