ACTIVIDADES

Ciencia Educación Infantil

 

 

 


 

ALGUNHAS ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN

Un día na clase apareceron moitas imaxes de nubes distintas, falamos delas.

Fixemos debuxos de nubes.

Asemblea de ideas previas

Buscamos información .

Entregouse a cada neno/a un “carné de observador/a de nubes “e un “nuboscopio” que empregamos para facer as nosas observacións.

Xogo: “somos pingas de auga dentro dunha nube” e rexistro desta actividade de forma impresa.

Xogo dos estados da auga e rexistro da actividade.

No exterior, observamos distintos tipos de nubes . Algunhas clasificámolas segundo a súa forma, altura, cor ou tamaño.

 Experimento nº 1: “A evaporación da auga”.

O experimento consistiu en poñer auga dentro dun recipiente e observar como diminuía co paso dos días.

Esta experiencia foi rexistrada nunha gráfica.

   

Experimento nº2: “Vapor de auga”.

Puxemos auga líquida dentro dun quentador e observamos o que pasaba cando a auga se quentaba.

Medimos a cantidade de auga que introducimos e finalmente comprobamos a que quedou.

Para analizar e reflexionar sobre isto empregamos un espello co que fixemos visible o vapor de auga, introducindo así un contido novo a CONDENSACIÓN.

   
 

Experimento nº 3 “Nubes de choiva”

Nun bote de cristal con auga quente introducimos un fósforo aceso, tapamos o recipiente rapidamente e a continuación colocamos xeo na tapa.

Para analizar ben esta experiencia empregamos unha cartolina negra que achegamos a un lado do bote, isto permitiunos visualizar o que acontecía no interior do recipiente (“formación de unha nube”).

 

Experimento nº 4 “Fabricantes de choiva”

Tapamos un recipiente de auga quente empregando un plato; pasados uns segundos destapámolo e formulamos as nosas preguntas: que pasou?, por que?...

 

ACTIVIDADES DE REXISTRO

o   Debuxamos o proceso do ciclo da auga.

o   Rexistramos 5 tipos de nubes plasticamente: nimbos, estratos, cirros, cúmulos e néboa.

o   Fixemos unha roda cos estados da auga, plasmando os diferentes tipos de precipitación.

o   Xogamos coa imaxinación: utilizamos imaxes reais e as transformamos en seres ou cousas reais baseándonos na obra de Martín Feijóo.

 

EXPERIENCIAS

o   Ecosistema: observamos o ciclo da auga coa axuda dun xogo. Seguindo as indicacións do mesmo observamos como a auga se evaporaba, se condensaba e chegaba a precipitar.

o   Meteogalicia: todos os días no momento das rutinas entrabamos na páxina de meteogalicia para mirar a predición do tempo para ese día e para o seguinte, a intensidade e dirección do vento.

o   Maletín científico: como traballo de relación familia-escola, levaron un maletín que contiña unha axenda de rexistro do tempo e unha cámara. A actividade consistiu en sacar unha fotografía que pegaban na axenda e anotaban o tipo de nube que era, o lugar onde se sacou a foto o día que se fixo a foto …


 

 


ALGÚNS LIBROS, WEBS E CONTOS.

                      

 


    
 

El nacimiento de Narigota

 

El agua y sus estados

El ciclo del auga

El ciclo del auga

 

La gotita viajera

 

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···