Ciencia Educación Infantil
O sentido da vista é o que nos permite a interacción máis importante co medio que nos rodea, relacionarnos cos demais, percibir os cambios… As imaxes visuais proporciónannos información sobre a cor, forma, distancia, tamaño, posición e movemento dos obxectos.
Permite, además, aos nenos/as percibir a información existente e, pouco a pouco, integrala e procesala. Podemos dicir, que os ollos, son partes externas do noso cerebro.
Podemos resumir como razóns principais para elixir este Proxecto, as seguintes:
En definitiva, este Proxectosobre a vista está enfocado a que o alumnado se convirta nun ser curioso, que cuestiona, crea hipóteses, resolve, investiga, … que mediante o xogo -tan importante nestas idades temperás- se aproxima ao coñecemento da realidade.
“Aprender a ver é a aprendizaxe máis longa
en todas as artes”.
Edmond De Goncourt (1822 – 1896)
Escritor francés.
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es