Ciencia Educación Infantil
Consideramos que o traballo na área científica na educación infantil e, en concreto, no campo do medio natural é de grande importancia. Fomenta a curiosidade nos nenos e nenas por coñecer e comprender os fenómenos e seres vivos que nos rodean, fan que se interesen por descubrir os obxectos e os sucesos próximos, relacionarse con elas, poñendo en xogo as súas propias capacidades.
Ademais, as dúbidas e explicacións que os/as nenos/nenas realizan irán levando cara a preguntas e respostas cada vez máis rigorosas.
Traballando desde a área cientifica, axudamos ao noso alumnado a “ver” os fenómenos e as situación desde la experimentación, dun xeito que lles permite aprender de forma activa, manipulando, experimentando, ensaiando e errando.
Escollimos neste caso o mundo dos CARACOIS por se tratar dun ser vivo que atopamos facilmente no noso contorno próximo, pero que, ao mesmo tempo, é moi descoñecido para eles dende o ámbito da bioloxía. Xa que logo, neste proxecto centrámonos en coñecer aspectos tales como: a súa anatomía, alimentación, ecosistema, coidados, … mediante a realización de experimentos, experiencias e a procura continua de información.
“No punto onde se detén a ciencia,
comeza a imaxinación.”
Thor Heyerdahl (1914-2002)
Explorador e biólogo noruegués
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es