Ciencia Educación Infantil
ALGUNHAS ACTIVIDADES
MOTIVACION Un día, apareceu na clase unha caixa chea de caracois e gustounos tanto observalos, coñecelos, tocalos… que decidimos saber máis cousas deles.
Coñecementos iniciais ( Que sabemos?) Teñen unha cuncha e cornos Comen leituga, tomate A cuncha é a casa dos caracois Son moi timidos porque se meten na cuncha Teñen patas moi curtas Son parecidos ás babosas etc Preguntas do alumnado ( Que queremos saber?) • Como se coidan? • Poden oír? • Que pasa se lle rompe a cuncha? Pode vivir? • Teñen dentes? • Nacen con cuncha? • Precisa calcio? |
|
FACEMOS UN TERRARIO
O primeiro que fixemos foi buscar información (en internet) para saber como tiñamos que facer. Necesitabamos unha caixa grande tapada (para que non se poidesen escapar). Ademais, terra, pedras … e finalmente metimos os caracois. Agora que xa tíñamos feito o terrario, soamente nos facia falta cada día dar comida aos caracois e limpar un pouco o terrario Descubrimos tamén que necesitan moita humidade, así que metimos unha esponxa mollada que humedecíamos diariamente. Ademais introducimos unhas cascas de ovo para que os caracois puidesen "tomar" os mineraiso para facer que as súas cunchas fosen máis duras. |
|
FIXEMOS EXPERIMENTOS: Os experimentos que fixemos, partiron do que eles querían saber sobre os caracois O primeiro que faciamos antes de comezar os experimentos, era explicarlle o noso alumnado en que consistía. Posteriormente eles decían as súas hipótesis, a continuación facíamos o experimento e quitábamos as conclusións.
EXPERIENCIA 1: OBXECTIVO
O experimento consistiu en poñer os caracois entre dúas barreiras, unha de vinagre e a outra de auga, e outra de colonia e auga e despois observar o que facian os caracois
EXPERIENCIA 2: OBXECTIVO
O experimento consistiu en meter os caracois entre dúas barreiras, unha de sal e outra de azucre; e posteriormente unha de sal e fariña e observar o que facian os caracois
EXPERIENCIA 3: OBXECTIVO
O experimento consistiu en poñer os caracois enriba da alfombra e que paseen tranquilamente: facemos silencio, berramos moi forte, poñemos música moi alta, tocamos un instrumento moi forte… que vai ocurrir?
EXPERIENCIA 4: OBXECTIVO
Mollamos os caracois en auga mesturada con colorante alimentario. veremos a baba de cor laranxa e observaremos que formas teñen os camiños que debuxan ao arrastrarse polo papel
EXPERIENCIA 5: OBXECTIVO
O experimento consistiu en colocar os caracois enriba de distintas materiais na superficies: tacholas, area, pedras, serrín, estropallo, cepillo de pinchos... e observar se son quen de se arrastrar sen problemas
EXPERIENCIA 6: OBXECTIVO
O experimento consistiu en colocar os caracois distintas materiais (pataca, xabón, pedra…) e ver si eran ou non capaces de arrastralos
EXPERIENCIA 7: OBXECTIVO
O experimento consistiu en colocar os caracois enriba dun fio, un arame, un pau delgado… e comprobar se eran capaces de camiñar sen caerse, mantendo o equilibrio |
|
OUTRAS ACTIVIDADES
|
|
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es