Ciencia Educación Infantil
Para o curso 2012-2013 decidimos realizar un proxecto de física baseado na RODA e titulado“RODANDO POLA CIENCIA”. Sen dúbida, a roda é un dos principais inventos da historia. Un invento sinxelo e antiquísimo, sen embargo, foi algo esencial para a evolución de maquinarias de todo tipo. A roda é un elemento necesario en infinidade de inventos dende os primitivos muíños ata a bicicleta, motocicleta, automóbil, avión, tractor, cadeira de rodas …Por todo esto e debido a manipulación que pode facer o noso alumnado de obxectos que rodan, se deslizan, xiran, rotan … ou non, é polo que foi escollido este proxecto, para levar a cabo nas nosas aulas.
"Ao carro da cultura española
fáltalle a roda da ciencia."
Santiago Ramón y Cajal (1852-1934)
Premio Nobel en Medicina e Fisioloxía (1906)
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es