Ciencia Educación Infantil
ALGUNHAS ACTIVIDADES
Actividade de Motivación Un día apareceu na clase un camiño de terra... Que sorpresa!! Seguindo ese camiño atopamos una miñoca que foi a protagonista durante todo o proxecto. Despois de lle poñer nome á mascota, realizamos diversas actividades:
RECOLLIDA E ANÁLISE DE TERRAS. Entregamos a cada neno e nena unha bolsa de plástico hermética e unha ficha. Coa axuda da súa familia recolleron unha mostra de terra e cubriron os datos na ficha. A continuación fixemos unha gráfica para rexistrar os tipos e a cantidade de bichos que atopamos. Con todas elas fixemos un terrario para a aula |
|
EXPERIMENTO Nº1 FILTRACIÓN DA AUGA NA TERRA Obxectivo: Descubrir e observar a filtración da auga no solo. Presentamos dous envases de plástico transparentes cortados pola metade. Colocamos a outra metade do bote boca abaixo e cunha gasa facendo de filtro Nun destes envases puxemos area e no outro terra. Botamos un pouco de auga e observamos o que pasou, comentando e extraendo as conclusións.
|
|
EXPERIMENTO Nº2 A CONTAMINACIÓN DO SOLO Obxectivo: Tomar conciencia da importancia da acción do ser humano na conservación do chan. Aproveitando o material elaborado no experimento número 1 fixemos outra nova experiencia, esta vez engadíndolle á terra colorante. A continuación discutimos sobre o acontencido e sacamos as conclusións.
LIMPEZA DO NOSO PATIO Despois de ver o importante que é o coidado do Medio e como pode influir o lixo no mesmo, decidimos limpar o noso patio e conciencíamonos da importancia do seu coidado. |
|
EXPERIMENTO Nº3 AS CAPAS DO SOLO. Obxectivo: Observar como é o perfil dun solo. Neste experimento collemos distintos elementos do solo: pedras, area gorda, area fina e humus, introducimos todos eles nunha botella de plástico transparente e engadimos auga. Despois axitamos a mestura e a deixamos repousar bastante tempo. Por último sacamos conclusións. Despois de realizar o experimento anterior cada alumno fixo o perfil do solo.
PERFIL DO SOLO Fixemos unha representación en papel da colocación das partículas presentes no solo atendendo ao seu tamaño. Primeiro recollimos o material necesario (pedras, area grosa, area fina, e humus) e deseguido pegamos todo por orde, poñéndolle o nome respectivo. Nalgunhas aulas as pedras representáronas con papel maché |
|
EXPERIMENTO Nº4 O CRECEMENTO DAS PLANTAS EN DISTINTOS SOLOS Obxectivo: Observar como crecen as plantas en distintos solos. En distintos envases transparentes, botamos pedras, area e terra con sementes. Despois de varias semanas observamos o que pasou.
PLANTACIÓN DE LEITUGAS Nalgunhas escolas fixemos plantacións individuais de sementes de leitugas para nós facer responsables do seu coidado e gozar dunha ensalada compartida unha vez medraran. |
|
EXPERIMENTO Nº5 A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO SOLO Obxectivo: Observar e reflexionar sobre a importancia de vexetación no solo. Recollemos do patio un anaco de terra algo profundo sen presenza de herbas nin plantas, e outro de igual tamaño pero con herbas. Introducimos os dous anacos en cubetas independentes, inclinándoas un pouco. Botamos auga e sacamos conclusións. |
|
OUTRAS ACTIVIDADES BUSCAMOS, RECOLLEMOS E IDENTIFICAMOS BICHOS Unha das actividades máis motivadoras, e que estivo presente durante todo o proxecto, foi a búsqueda de bichos tanto nos patios das escolas como na compañía das súas familias. Nas escolas utilizábamos o “aspirabichos”, as lupas, pas e angazos … e tamén a clave de bichos para identificar aos que se ían collendo.
FACEMOS DEBUXOS E TRAZOS As actividades máis manipulativas do proxecto foron as operacións coas terras e os distintos solos, tanto dentro das aulas como nos patios das escolas. Os nenos e nenas gozaro con estas actividades, aprendendo a compartir material e experiencias cos seus compañeiros e compañeiras. Estas tarefas deron lugar a debuxos de animais que viven no solo, e que aproveitamos para fotografiar e imprimir as imaxes. Así, posteriormente, o alumnado, no traballo de mesa, puido identificar eses animais, pintalos e poñerlles nome.
O LIBRO DA MIÑOCA Esta actividade fíxose paralelamente coas familias dos nenos e nenas dende as súas casas. Cada semana un neno ou nena levaba a miñoca, mascota da clase, para a súa casa para poder xogar con ela e coidala. As vivencias e experiencias compartidas con ela recollíanse nun caderno que acompañaba á miñoca e onde levaban unhas pautas para saber o que tiñan e podían facer con ela durante a súa estancia. Deste xeito os contidos traballados na clase reforzábanse e complementábanse cos traballos realizados nas casas. |
|
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es