Xustificación

Ciencia Educación Infantil


O motivo de levar a cabo o proxecto "AS PATACAS NON NACEN NAS ÁRBORES", foi a constatación nas nosas aulas, do afastamento do contacto coa terra do noso alumnado (sobre todo o de cidade) e do descoñecemento da orixe dalgúns alimentos.

Os nenos/as moitas veces viven alleos á realidade da vida, perdendo así contacto coa natureza. Nós, como mestras, queremos que retomen o contacto con ela, que coñezan o ciclo da vida, as condicións nas que as plantas crecen mellor, a importancia da auga nelas, a necesidade de ter boa terra, de luz, de temperaturas axeitadas… Só a partires do coñecemento, serán quen de coidar e respectar o medio ambiente.

Eliximos as patacas por ser algo moi coñecido e moi presente na alimentación do noso alumnado na súa vida diaria, ademais por ser fácil para plantar e para que eles poidesen observar o seu crecemento e os coidados necesarios.

Todo isto, foi levado a cabo usando as fases do MÉTODO CIENTÍFICO: Observar, Facer preguntas, Formulamos hipóteses, Buscamos información e documentación, Experimentamos,Tiramos conclusións.


"Produce unha inmensa tristura pensar que a natureza

fala mentres o xénero humano non escoita."

Victor Hugo.

 

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···