Ciencia Educación Infantil
ALGUNHAS ACTIVIDADES
ACTIVIDADE DE MOTIVACIÓN. Iniciamos o proxecto a través dunha fase MOTIVADORA. Á volta do nadal atopamos que nas nosas aulas había uns agasallos "que deixaran" os reis magos. Neles descubriron un xoguete sorprendente, que non todos, senón máis ben poucos, coñecía: O SEÑOR PATACA. A continuación comezamos a falar sobre este xoguete, que crían que era e por que o deixarían os Reis?. Chegando á conclusión de que era un boneco dunha pataca: Después de descubrir do que se trataba este agasallo, fixemos unha pequena reflexión cos nenos/as sobre que sabemos sobre as patacas. Esta recollida realizámola coa axuda dun panel onde se plasmaron os coñecementos e se formularon unha serie de preguntas. |
|
QUE SON AS PATACAS? Con esta actividade pretendemos estudar: Que son as patacas? Para que serven? Que forma teñen? Que cor? Etc. Sempre, antes de levar a cabo as experiencias, adiantamos as ideas previas que teñen os nenos/as sobre este tema, continuando coa creación das súas hipóteses do que vai suceder, para logo, realizar unha comprobación sobre o falado. Tocamos as patacas, falando da súa textura, forma, tamaño, cor, … Probamos as patacas para ver que saber teñen. Olemos as patacas para comprobar se teñen olor. Abrímolas e miramos como son as patacas por dentro, … Debuxo inicial da pataca e invención dun nome. |
|
PLANTACIÓN Coa realización desta actividade inténtase averiguar as diferentes maneiras de plantar patacas, despois de ir revisando a información que traen os nenos e nenas das súas casas. Averiguouse que hai diversas formas de plantación e elexíronse tres para levar a cabo nas nosas aulas: 1º ESCOLLEMOS AS PATACAS: miramos as patacas que teñen gromos e apartámolas do resto. 2º POÑEMOS TERRA NUN RECIPIENTE: escollemos unha caixa transparente para poder observar o proceso de crecemento tanto por arriba como por abaixo. 3º COMEZAMOS A PLANTAR: para plantar temos en conta que as patacas non poden ir todas xuntas, polo tanto, mediremos uns 20 cm de separación entre planta e planta. 4º CREAMOS O NOSO HORTO NA AULA ( PERMANENTE): na aula temos un lugar permanente onde está o noso horto e recuncho con información sobre as patacas. SEMANALMENTE: facemos un rexistro do crecemento das plantas. Regamos, contamos o número de follas, medimos as plantas e, finalmente deixamos constancia de todo nun rexistro ao que denominamos: DIARIO DA PATACA.
O DIARIO DA PATACA Con esta actividade pretendemos observar e rexistrar o proceso de crecemento do tubérculo. Esta actividade desenvólvese unha vez á semana polo encargado do día. Consiste en: 1º– Observar a planta, o seu proceso de crecemento. 2º- Regamos as plantas. Unha vez á semana regábanse as plantas, aínda que, revisábanse todos os días para ver se precisaban auga, e de ser este o caso, tamén se regaban. 3º- Medimos as plantas e rexistramos a súa medida. Tamén revisamos o crecemento que se produce na terra e o rexistramos. 4º- Contamos o número de follas, miramos se as follas son grandes, pequenas, … revisamos se a cor é a debida, …
GRÁFICA DAS PATACA Con esta actividade rexistramos o crecemento das patacas, as partes que compoñen a planta da pataca, ... 1º COLLEMOS UNHA PATACA E POÑÉMOSLLE UNS PALILLOS EN FORMA DE CRUZ. 2ºCOLLEMOS UNHA XERRA E BOTAMOS AUGA: medimos a cantidade de auga que imos a poñer no recipiente. 3º METEMOS A PATACA NO RECIPIENTE: poñémola no recuncho da pataca. SEMANALMENTE rexistramos o proceso de crecemento e revisamos se precisa auga.
HIDROPONÍA 1º PREPARAMOS UNHA CAIXA: poñémoslle unha rede na parte superior, facémoslle uns cortes, forramos a caixa cunha cartolina negra e deixamos un burato para poder regar. 2º POÑEMOS AS PATACAS: colocamos as patacas respectando unha distancia de 20 cm. aproximadamente e a continuación regámolas cun pulverizador. 3º GARDAMOS A CAIXA: metemos a caixa dentro dun saco, estirámolo epechámolo con cinta adhesiva. A continuación, fixemos uns buratos para sacar o grelo da pataca fora e por último, vólvese a regar. 4º COLOCÁMOLO NO RECUNCHO DA PATACA. SEMANALMENTE revisamos o proceso de crecemento e regamos as patacas. |
|
DE ONDE PROCEDEN AS PATACAS? Con esta actividade pretendemos estudar de onde proceden as patacas. A súa historia dende que viñeron dende o Perú ata España. A nosa variante “ A pataca de Galicia”: a súa plantación na nosa comunidade autónoma. O logotipo da pataca galega. Utilizáronse diferentes medios de consulta como: internet, enciclopedias, contos como: Pirracas e as patacas, Os bolechas: a pataca de Galicia, … |
|
A NOSA MASCOTA. Con esta actividade pretendemos crear a nosa mascota, polo que, logo de xogar co Señor Pataca, cada un elixe con que accesorios lle gusta máis e fai a súa propia. Para a realización desta actividade precisamos:
|
|
DE QUE ESTÁN FEITAS AS PATACAS?
Con esta actividade pretendemos coñecer algo sobre o que hai “dentro” da pataca, e que tamén esta presente noutros alimentos nas nosas vidas (xamón cocido, mortadela, salchihas... ): o amidón.
Para eso, usamos lugol ou betadine e microscopios. |
|
PARTES DA PATACA E PARTES DA PLANTA Con esta actividade pretendemos aprender as partes da pataca, as partes da planta da pataca e, cal é a súa función. |
![]() |
COLLEITA DAS PATACAS Con esta actividade pretendemos completar a aprendizaxe vendo finalizado o proceso de crecemento da planta. Recollemos o froito unha vez vista a floración da planta, concluíndo así co experimento da plantación en terra. |
![]() |
FESTA DAS PATACAS Con esta actividade damos por concluído o proxecto. Finalizamos cunha festa na que o menú consta de pratos cociñados que teñen como alimento base “a Pataca”. Para a realización desta festa volvemos a involucrar ás familias, tanto na realización da comida como no disfrute da festa. |
![]() |
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es