Actividades

Ciencia Educación Infantil

ALGUNHAS ACTIVIDADES


ACTIVIDADE DE MOTIVACIÓN.   

Coincidindo coa festa dos reis magos, nas aulas apareceu un paraugas negro con un montón de estrelas por todo él, algunhas das estrelas estaban como unidas, facendo un debuxo (constelación).

 

O UNIVERSO.

Debuxos do universo. Comezamos o proxecto recollendo as ideas previas dos nenos e nenas sobre o Universo facendo un debuxo do Universo  para ver o que sabia o noso alumnado sobre o tema.

Representación de cadros de artistas. Buscamos artistas que tamén debuxaran o Universo e atopamos varios, como Joan Miró, Alexander Calder e Graciela Bello.

Explosión do big-bang. Representamos a Gran Explosión do Big-Bang a través de distintos materiais: con cartóns, cartulinas, fariña e témperas brancas. Fixemos unha representación da gran explosión para entender a posterior expansión de toda a materia polo espacio e como consecuencia a formación do Universo.
Formación do universo. Trala explosión do BIG-BANG  representamos a formación do Universo con todos os corpos celestes presentes no mesmo e fixándonos especialmente na formación da nosa Galaxia.

AS GALAXIAS.

Xogos sobre a forma das Galaxias. Fixemos xogos sobre a forma das Galaxias, coa presenza do Burato Negro.

 

Elaboración de distintos traballos. Elaboración de traballos nas que se identificaban os tres grandestipos de Galaxias: elípticas, espirais e irregulares

 

Creacción dos tres tipos de Galaxias. Creacción dos tres tipos de Galaxias con distintos materiais plásticos

 
Fixemos un experimento sobre a formación das galaxias. Utilizando auga, alcohol, aceite.  

VÍA LÁCTEA

Representación da nosa Vía Láctea. Despois de traballar as GALAXIAS profundizamos na Vía Láctea, que é a nosa Galaxia. Hipotetizamos sobre a súa forma, o que  hai nela … logo comprobamos as nosas hipótesis coa información recibida.

 

ESTRELAS

Representamos en papel distintas estrelas.  Usando papel representamos distintas estrelas atendendo a súa forma redonda e a súas cores e tamaños.

 

MURAL COLECTIVO.

Fixemos un mural colectivo coas principais estrelas.

 

FORMAMOS ESTRELAS CON PAPEL ALUMINIO ENRUGANDO.

Formamos estrelas con papel albal arrugándoo e aprentando o material para concentralo.

 

REALIZAMOS XOGOS.

Realizamos xogos comparando o tamaño das estrelas.

 

EXPERIMENTO CON LÁMPADAS.

Experimento con linternas e lámpadas comprobando a forma redonda das estrelas e o efecto óptico que produce a luz  con feixes en forma de picos e/ou raias. Comprobamos que o tamaño das zonas brillantes que producen as luces varían segundo a distancia.

 

PINTAMOS ESTRELAS COA COR CORRESPONDENTE.

Pintar estrelas coa cor correspondente segundo o seu tamaño e temperatura

 

VISIONAMOS O SOL CUNHAS GAFAS ESPECIAIS.

Visionar cunhas gafas especiais  o Sol, a estrela máis próxima a nós.

 

INVESTIGAR COS TELESCOPIOS.

Fixemos unha visita ao Observatorio Astronómico  “Ramón Aller”.

 

RECREACIÓN DE ESCULTURAS.

Fixemos esculturas  fixandonos no tamaño das estrelas.

 

CONSTELACIÓNS

Mural coas constelacións

Identificamos e recoñecimos algunhas delas como a Osa Maior, a Osa Menor, Casiopea, Orion, Serpiente, Coroa boreal…

 

O HOROSCOPO.

Investigamos cada constelación zodiacal de todos os nenos e nenas atendendo a súa data de nacemento e representámolas

Fixemos constelacións inventadas, as que lle puxemos nomes.

 

OS PLANETAS

Observamos o noso Sistema Solar

Comparamos os tamaños dos Planetas e a súa colocación no Sistema Solar respecto ao Sol.

Comparamos os tamaños dos Planetas co das Estrelas.

Diferenciamos Planetas de Estrelas .

Visionamos vídeos e cancións sobre os Planetas.

Representamos plásticamente os Planetas.

 

ASTEROIDES E METEORITOS

Para traballar os Asteroides e Meteoritos fixemos debuxos, visionar videos en Internet de “ simulacións de choques” de Asteroides e Meteoritos asociando así a súa relación.

 

COMETAS

Fixemos cometas utilizando distintos materiais

Realizamos debuxos variados sobre eles.

Observamos fotografías e vídeos en Internet.

 

XOGO INTERACTIVO SOBRE OS PLANETAS

Xogo interactivo sobre os Planetas; onde hai que relacionar correctamente a pregunta coa súa resposta para que se acenda unha bombilla. Se non encende a relación é incorrecta.

 

ASTRÓNOMAS FAMOSAS

Debuxamos e escribimos o nome. Neste proxecto quixemos centrarnos na presencia da muller na ciencia; e por iso traballamos algunhas astrónomas durante todo o proxecto nas nosas aulas, buscando información sobre elas, vendo fotos para identificalas, ler algo sobre a súa vida e facer debuxos das mesmas, pintar os seus retratos, poñerlle nome algunhas delas.

 

DICCIONARIO

Esta foi unha das carpetas que ían ás casas do noso alumnado semanalmente e co obxectivo de participar todas as familias e todos os nenos e nenas de forma directa no proxecto

O Diccionario foi creado para guiar o propio proxecto e o seu ritmo e avance. Tratábase de buscar, cada semana, información relativa a cousas do Universo e os corpos celestes que hai nel.

 

HISTORIA DAS ESTRELAS

Esta foi outra das carpetas que  circulaban por todas as nosas aulas, á vez que o Diccionario

Nesta carpeta tratrábase de que as familias mirasen o ceo xunto cos seus fillos e fillas e logo tiñan que inventar unha historia sobre o que observaron.

 

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···