Ciencia Educación Infantil
O alumno/a debe adquirir coñecementos de ciencias para que os poida transferir e utilizar no seu entorno a fin de comprendelo mellor, actuar dun modo mais autónomo e como forma de participar mais activamente na sociedade.
Para favorecer isto foi imprescindible crear un ambiente rico de estímulos que ofrecese ao nenos/as moitas posibilidades de establecer interaccións co mundo que os rodea, facilitando así o desenvolvemento das súas capacidades, introducindo nas nosas escolas as ciencias, neste caso o átomo, de forma rigorosa, seguindo os pasos que caracterizan ao método científico, e dándolle presenza continua nas nosas aulas.
Tratamos de desenvolver a súa capacidade de razoamento e outras habilidades procedimentais tanto intelectuais como manuais, introducindo o coñecemento científico, como instrumento e método para ampliar, afondar, e enriquecer progresivamente a experiencia persoal.
“En tempos e lugares totalmente incertos, os átomos deixaron o seu camiño celeste, e mediante apertas fortuitas, enxendraron todo o existente." James Clerk Maxwell |
![]() |
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es