Xustificación

Ciencia Educación Infantil


O alumno/a debe adquirir coñecementos de ciencias para que os poida transferir e utilizar no seu entorno a fin de comprendelo mellor, actuar dun modo mais autónomo e como forma de participar mais activamente na sociedade.

Para favorecer isto foi imprescindible crear un ambiente rico de estímulos que ofrecese ao nenos/as moitas posibilidades de establecer interaccións co mundo que os rodea, facilitando así o desenvolvemento das súas capacidades,   introducindo nas nosas escolas as ciencias, neste caso o átomo, de forma rigorosa, seguindo os pasos que caracterizan ao método científico, e  dándolle presenza continua nas nosas aulas.

Tratamos de desenvolver a súa capacidade de razoamento e outras habilidades procedimentais tanto intelectuais como manuais,  introducindo o coñecemento científico, como instrumento e método para ampliar, afondar, e enriquecer progresivamente a experiencia persoal.


En tempos e lugares totalmente incertos, 

os átomos deixaron o seu camiño celeste,

e mediante apertas fortuitas, 

enxendraron todo o existente."

James Clerk Maxwell
 

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···