Ciencia Educación Infantil
ALGUNHAS ACTIVIDADES
“Olores” Levamos catro botes a clase e que conteñen: vinagre, allo, cebola e anís, investigamos a que ulen e de onde ven o olor. Como chega o olor ao noso nariz? (hipóteses.) Tiramos as conclusións despois de realizar os experimentos, e posteriormente reflectimos os resultados nunha ficha. |
“Evaporación” Mollamos o encerado e seca axiña. Mollamos un mandilón e deixamos secar. Pasamos a fregona e vemos como seca. Deixámos aberta unha botella de auga e marcamos cun rotulador o seu nivel. Controlamos ese nivel durante varios días. Antes de levar a cabo o experimento preguntámonos:
(Hipóteses). Realizamos as actividades e sacamos as conclusións despois representamos os resultados nunha ficha. |
|
“Condensación” Levamos auga quente nun termo poñemos un espello enriba: que vai pasar? Facemos as nosas hipóteses. Logo realizamos o experimento: que pasa no espello? que notas na man cando tocas o espello? cando pos a túa man enriba do vapor de auga, que pasa? Tiramos as conclusións. Para este experimento visualizamos diversos vídeos. |
“Xeo, auga e vapor” Temos un recipiente con auga: que pasará se a poñemos no conxelador? Que pensades que lle pasará ás moléculas de auga? (primeiras hipóteses). A continuación realizamos o experimento. Collemos o xeo do conxelador, como é o xeo? que lle vai pasar ao xeo fóra do conxelador? e ás moléculas? Facemos hipóteses. Comprobamos o que pasa realizando o experimento. Poñemos a auga a ferver, que vai pasar? como estarán as moléculas? (hipóteses). Realizamos o experimento. Sacamos conclusións: que pasou?, como estarán colocadas as moléculas na auga líquida? como estarán colocadas as moléculas no xeo? e no vapor de auga? ... Visualizamos diversos vídeos sobre o comportamento das moléculas da auga nos tres estados. Representamos nunha ficha o experimentado.
|
|
“Máis unidos, menos unidos” En tres pratos poñemos un pouco de auga, aceite e alcohol: que vai pasar ao cabo dun tempo? cal se vai evaporar antes? evaporáranse todos? quedará algo o día seguinte?. Facemos as nosas hipóteses. Logo realizamos o experimento: que pasa? Cal se evapora antes? Por que? Evaporarase o aceite? Por que ocorre deste xeito? Sacamos as conclusións. Representamos o resultado nunha ficha. |
Científicos relacionados Entre os científicos “que apareceron” nas nosas aulas están os seguintes: Dalton, Bohr, Rutherford e Thomson. |
![]() |
A táboa periódica Presentámoslla e identificamos algúns elementos como: carbono, ouro, prata, chumbo. |
![]() |
Xogos Realizamos moitos xogos para afianzar os coñecementos adquiridos mediante os experimentos:
|
Libro dos alumnos. Ao final do curso todos os nenos e nenas levaron o seu libro de actividades no que se reflicte o traballo realizado na aula sobre os átomos. |
![]() |
Actividades na casa a través do maletín científico Realizando tódolos experimentos feitos en clase para ampliar a información e que logo deben explicar na aula. |
![]() |
Obra de teatro: “Alá no fondo hai sitio dabondo” Fomos a ver unha obra de teatro sobre os átomos e o nanomundo na Sala Nasa de Santiago de Compostela. |
![]() |
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es