Ciencia Educación Infantil
ALGUNAS ACTIVIDADES
RESUMO EN TRES MINUTOS |
EXPERIMENTACIÓN LIBRE. Comezamos unha fase de experimentación libre cos imáns no recuncho científico e por outras partes da clase. |
![]() |
ATRAE/NON ATRAE.Despois de buscar na clase obxectos que atraen ou non atraen os imáns, fixemos un mural onde se clasifican estes materiais en función destas propiedades. |
![]() |
BOTELLAS CON SORPRESA. Este xogo consiste en adiviñar cantas cousas de ferro hai agochadas nunhas botellas cheas de confeti, sen abrilas. Para isto os nenos/as utilizan os imáns. |
![]() |
OS PESCADORES. Nesta actividade os nenos/as teñen que pescar cunha cana imantada tantos peixes como poidan. |
![]() |
CONDUCIMOS COS IMÁNS. Utilizando un imán trasladamos obxectos de ferro movendo imáns por debaixo dunha mesa, dun cartón, de roupa… |
![]() |
VIVIMOS NUN IMÁN. Despois de buscar información de como son os imáns por dentro, de que están formados e como se organizan a súas partículas (átomos), facemos unha representación deste fenómeno con nós mesmos. |
![]() |
LIMADURAS E BOLIÑAS DE FERRO. Ao través deste xogo pretendemos que os rapaces e rapazas observen o fenómeno de inducción que se da utilizando boliñas e limaduras de ferro. |
![]() |
COÑECENDO AOS CIENTÍFICOS. Lemos algo da vida e de cousas que fixeron algúns dos físicos importantes relacionados co magnetismo. |
![]() |
O MALETÍN CIENTÍFICO. Os nenos e nenas levan o maletín ás súas casas onde realizan experiencias coa súa familia e logo nolo contan a todos na clase. |
![]() |
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es