Inicio

Ciencia Educación Infantil

Os desenvolvementos científicos e tecnolóxicos constitúen unha parte integral das nosas vidas.

Todo está feito de átomos.

(Debuxo dun neno de catro anos)


 

A etapa da Educación Infantil aparece nas vidas dos nenos no momento en que comezan a establecer un contacto, máis aló do puramente instintivo, cos fenómenos naturais. Por tanto,este tramo educativo debe constituir o primeiro paso cara a formación científica das persoas, e por iso levamos a Ciencia ás nosas aulas.

Nelas, as nenas e os nenos descubren, coñecen e comprenden, nas referencias que lle son propias, fenómenos científicos que conforman a súa realidade.

Pero ademais, introducindo tópicos como a luz, o magnetismo, ou o átomo, imos moito máis aló do mero achegamento da ciencia aos nenos. En efecto, os procesos que conforman o traballo científico son un instrumento enormemente eficaz para todos os elementos curriculares que deben estar presentes na Educación Infantil.

 Neste sitio Web queremos presentar o noso traballo neste campo a fin de que poda servir de axuda a quen crea tamén que a Ciencia debe ocupar un espazo protagonista no Currículum da Educación Infantil.

Iremos incorporando a esta Web os nosos traballos segundo estean dispoñibles.


 

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···