Ciencia Educación Infantil
Para levar a cabo estas actividades temos en conta, os seus coñecementos previos. O que se pretende é ensinar aos nenos/as a “aprender a aprender” a través da súa propia acción. Isto condúceos directamente a unha modificación dos seus esquemas de coñecemento, asegurando así, a construción de aprendizaxes significativas, fundamentais para o seu desenvolvemento.
Ademais, dado que a actividade é a súa principal fonte de aprendizaxe, durante todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe, motivamos aos alumnos/as para que se sintan atraídos cara a aspectos relacionados coas ciencias. Deste xeito conseguimos estimular a súa creatividade, a imaxinación e a observación, así como a acción e a experimentación. Todo isto é preciso para que os nenos/as expresen os seus intereses, descubran as relacións, as propiedades dos obxectos, etc.
Para favorecer isto, preséntanse as actividades cunha dificultade adaptada as súas posibilidades, xa que a motivación positiva e os pequenos logros diarios son fundamentais na metodoloxía empregada.
É o método científico o que nos guía nas propostas e actividades:
- observar
- preguntar
- facer hipóteses
- experimentar
- extraer conclusións
- transmitir resultados
- novos descubrimentos
1. Proposta e elección do tema | ![]() |
2. Motivación | ![]() |
3. Recollida de ideas previas | ![]() |
4. Facemos preguntas | ![]() |
5. Formulamos hipóteses | |
6. Fontes de documentación | ![]() |
7. Propoñemos experimentos | ![]() |
8. Extraemos conclusións | ![]() |
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es