Ciencia Educación Infantil
Despois dun tempo introducindo o mundo da ciencia na etapa infantil, podemos concluír sen ningunha dúbida que a ciencia é accesible a estes niveis educativos e posúe unhas potencialidades extraordinarias na aula.
Durante a posta en práctica deste proxecto, tanto nós como os pais/nais dos nenos/as, pasamos por varios momentos. Nun principio, as familias dos nosos alumnos/asamosaron unha gran incredulidade á hora de abordar estes tópicos; sen embargo á medida que pasaba o tempo isto foi mudando, ata chegar a colaborar con nós de forma moi activa, o que facilitou moito o noso traballo.
En canto a nós, como grupo de mestras, tivemos que facer unha fonda reflexión para analizarmos as respostas e dificultades dos nosos alumnos/as (moitos de 3 anos) e a forma de traballar os diferentes tópicos de forma significativa para eles. Decatámonos de que os nosos alumnos/as precisaban máis tempo para experimentar libremente e ir creando as súas propias ideas sobre os temas, xa que para eles/as, este, era un mundo totalmente descoñecido. Despois deste momento todo seguiu un ritmo de traballo axeitado no que a nosa motivación e a dos nenos/as foi medrando, ata chegar ao punto no que nos atopamos a día de hoxe: os nenos/as están moi interesados pola ciencia e por iso estamos decidas a continuar introducindo tópicos da ciencia nas aulas de Educación Infantil.
Ademais de todo isto, os nenos/as terminan po posuír unha boa información e un maior dominio lingüístico, o que lles permite dar respostas máis ou menos razoadas ás cuestións que se propoñen na aula. En conse-cuencia, de vagariño van desaparecendo as contestacións vencelladas ao mundo imaxinario e tamén as de tipo “porque si”.
Debemos revindicar unha maior preparación científica para responder ás nosas inquedanzas relacionadas cos tema cientificos. Por iso cremos que a formación permanente para os mestres e mestras de Educación Infantil é moi necesaria a presenza de actividades relacionadas coas aprendizaxes no edio da ciencia.
En definitiva, partindo da idea de que “un científico ve onde os demais miran”pretendemos axudar aos nenos/as a desenvolver o seu pensamento científicoachegándoos tamén a outros coñecementos.
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es