Ciencia Educación Infantil
Entre as competencia ás que pretendemos contribuír están:
Competencias en ciencia e tecnoloxía. Interactuando co mundo físico, por exemplo no recuncho centífico, de maneira que se facilita a comprensión de sucesos e a predicción de consecuencias.
Competencia matemática. Utilizando a súa propia experimentación para comprender as relacións da matemática coa vida diaria, por exemplo observando e razoando coas forzas, tamaños e formas dos imáns e outros materiais.
Competencia para aprender a aprender. Iniciándose nalgunha aprendizaxe e sendo quen de continualo de maneira autónoma, eles/as son quen de repetir experiencias e melloralas incluíndo pequenos cambios que fan avanzar a todos.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. A través da libre experimentación, da formulación de hipóteses e da construcción do súa propio aprendizaxe.
Competencia do tratamento de información. Utilizando habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información transformándoa en coñecementos, por exemplo a través do noso "maletín científico".
Competencia en comunicación lingüística. Utilizando a linguaxe como un instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.
AUTORES GRUPO DE TRABALLO "TORQUE" Silvia González Vilariño Sandra Otero Lemos Sandra Real Nimo Laura Valiño Lemos Mª Dolores Vázquez Mª Ángeles Vidal López |
RECOÑECEMENTOS "XOGANDO COA LUZ" 1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008. "UNHA OLLADA CARA O PASADO" 2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009. "LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL" MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009. |
LIGAZÓNS |
© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es