Científicos

Ciencia Educación Infantil

ISAAC NEWTON (1642-1727): matemático e físico británico, considerado un dos máis grandes científicos da historia, fixo importantes achegas en moitos campos da ciencia, entre eles o da luz e o da óptica. Divertíase dende moi novo construíndo toda clase de muiños de vento, carros mecánicos, reloxos de auga e papaventos. Atopou un sobrado cheo de libros científicos que lle encantaba ler, e mesmo algunhas substancias químicas para manipular. O seu libro "Principios Matemáticos de Filosofía Natural" é considerado o mellor libro de ciencia de todos os tempos. Cos seus traballos sobre a luz fundou a óptica moderna.  
GALILEO GALILEI (1564-1642): considerado un dos fundadores  do método científico e da ciencia moderna. Sendo neno xa presentou un amplo círculo de intereses creativos, mostrando unha enorme habilidade para facer xoguetes. Cando soubo da invención do anteollo dedicouse ao perfeccionamento do mesmo, realizando con el as primeiras observacións da Lúa e as manchas solares. Tamén descubríu catro satélites de Xúpiter e observou as fases de Venus, fenómeno que só se podía explicar se se aceptaba a hipótese heliocéntrica de Copérnico.  
MICHAEL FARADAY (1791-1867). Un dos dez fillos dun ferreiro inglés. Sendo aínda un neno comezou a traballar nunha tenda de encadernador onde entrou en contacto cos libros de ciencia. A pesar de non ter podido realizar estudos científicos chegou a ser un dos mellores físicos e químicos da historia.  Sentou as bases da comprensión do fenómeno do magnetismo. Os seus traballos no campo do electromagnetismo son a base dos motores eléctricos e dos sistemas de xeración de enerxía eléctrica.  
JOHN DALTON (1766-1844). Físico e químico británico. Foi un dos primeiros en explicar que todo estaba formado por partículas moi pequenas (os átomos) na súa concepción moderna. Xa de moi novo comezou a ler a obra de Newton e aos 12 anos exercía de mestre na súa comunidade. Nos seus estudos sobre a meteoroloxía inventou e mellorou varios instrumentos de medición e estudou a enfermidade que padecía, coñecida comoacromatopsia e posteriormente chamada daltonismo na súa honra.  
ERNEST RUTHERFORD (1871-1937).  Físico neozelandés é considerado o pai da física nuclear. É o descubridor do núcleo atómico. Súa nai, mestra de profesión, notou moi cedo a gran curiosidade do neno, animándoo a continuar os estudos. Da granxa familiar en Nova Zelanda foi pasando por sucesivos centros educativos ata chegar a Cambridge. En 1908 recibíu o Premio Nobel, sendo un dos máis grandes científicos da historia.  

AUTORES


GRUPO DE TRABALLO "TORQUE"

Silvia González Vilariño

Sandra Otero Lemos

Sandra Real Nimo

Laura Valiño Lemos

Mª Dolores Vázquez

Mª Ángeles Vidal López

RECOÑECEMENTOS


"XOGANDO COA LUZ"

1º PREMIO DA IV EDICIÓN PREMIOS EDUCACOMPOSTELA, SANTIAGO 2008.

"UNHA OLLADA CARA O PASADO"

2º PREMIOS Mª BARBEITO INNOVACIÓN E EXPERIENCIA PEDAGÓXICA, SANTIAGO 2009.

"LLEVANDO LA CIENCIA A LA EDUCACIÓN INFANTIL"

MENCIÓN DE HONOR. CIENCIA EN ACCIÓN EDICIÓN 10, GRANADA 2009.

LIGAZÓNS


Pagciencia

Lamap

Cienciacreativa

Escolares

Cienciart

El poema de los átomos

Monumento al átomo

Experimentos de física

Tsunami


© Angeles Vidal & Ramon Cid - vidal@edu.xunta.es 

···