Despois dun tempo introducindo o mundo da ciencia na etapa infantil, podemos concluír sen ningunha dúbida que a ciencia é accesible a estes niveis educativos e posúe unhas potencialidades extraordinarias na aula.
Durante a posta en práctica deste proxecto, tanto nós como os pais/nais dos nenos/as, pasamos por varios momentos. Nun principio, as familias dos nosos alumnos/as amosaron unha gran incredulidade á hora de abordar estes tópicos; sen embargo á medida que pasaba o tempo isto foi mudando, ata chegar a colaborar con nós de forma moi activa, o que facilitou moito o noso traballo.
En canto a nós, como grupo de mestras, tivemos que facer unha fonda reflexión para analizarmos as respostas e dificultades dos nosos alumnos/as (moitos de 3 anos) e a forma de traballar os diferentes tópicos de forma significativa para eles. Decatámonos de que os nosos alumnos/as precisaban
máis tempo para experimentar libremente e ir creando as súas propias ideas sobre os temas, xa que para eles/as, este, era un mundo totalmente descoñecido. Despois deste momento todo seguiu un ritmo de traballo axeitado no que a nosa motivación e a dos nenos/as foi medrando, ata chegar ao punto no que nos atopamos a día de hoxe: os nenos/as están moi interesados pola ciencia e por iso estamos decidas a continuar introducindo tópicos da ciencia nas aulas de Educación Infantil.
Ademais de todo isto, os nenos/as terminan po posuír unha boa información e un maior dominio lingüístico, o que lles permite dar respostas máis ou menos razoadas ás cuestións que se propoñen na aula. En conse-cuencia, de vagariño van desaparecendo as contestacións vencelladas ao mundo imaxinario e tamén as de tipo “porque si”.
Debemos revindicar unha maior preparación científica para responder ás nosas inquedanzas relacionadas cos tema cientificos. Por iso cremos que na formación permanente para os mestres e mestras de Educación Infantil é moi necesaria a presenza de actividades relacionadas coas aprendizaxes no edio da ciencia.
En definitiva, partindo da idea de que “un científico ve onde os demais miran” pretendemos axudar aos nenos/as a desenvolver o seu pensamento científico achegándoos tamén a outros coñecementos.