InicioQuen somos Como • traballamos Competencias Básicas A ciencia na aula AvaliaciónConclusiónsBibliografíaContacta con nós
|
IDEAS FUNDAMENTAIS.
Partindo da idea de que a educación infantil representa o primeiro paso cara a formación global e científica do adulto e que a ciencia é unha parte integral das nosas vidas, pretendemos coa presenza da ciencia nas aulas que as nenas e os nenos descubran, coñezan e comprendan aspectos que conforman a súa realidade
Considerando as múltiples relacións e interdependencias que todo isto implica, buscamos como finalidade esencial que constrúan un coñecemento sobre o medio físico, natural e social cada vez máis axustado. Por tanto, que descubran e asimilen progresivamente as relacións entre os distintos obxectos, fenómenos e feitos, relacionados cos tópicos científicos que levamos á aula.
Para favorecer isto é imprescindible crear un ambiente rico en estímulos que ofreza aos nenos/as moitas posibilidades de establecer interaccións co mundo que os rodea, facilitando así o desenvolvemento das súas capacida-des. Por iso, é necesario introducir a ciencia dentro das nosas escolas de forma rigurosa, seguindo os pasos que caracterizan ao método científico, e dándolle presenza continua nas nosas aulas.
AS CLAVES DO NOSO TRABALLO EN GRUPO.
-
Afondar na formación permanente do profesorado: a través das diferentes docencias recibidas e das reunións onde comentamos os diferentes aspectos que nos van xurdindo, os resultados das experiencias ou propostas de ideas novas.
-
Mellorar o proceso de traballo en grupo: colaborando todas por igual e implicándonos ao máximo nas propostas.
-
Recoller información sobre o tema: a través de libros, internet, as docencias, a información recibida dos neno/as.
-
Achegar de xeito lúdico esta información ao alumnado: co deseño de actividades novas e impactantes para eles, así como manipulando mate-riais pouco habituales para eles como por exemplo: imáns, lentes, filtros de luz, limaduras de ferro...
-
Mellorar o proceso de reflexión individual e colectiva nas nosas aulas: a través das hipóteses que os nenos/as argumentan antes da realización dos experimentos.
-
Deseñar, implementar e avaliar secuencias didácticas: elaborando as actividades, as fichas de traballo para cada unha, e realizando a valoración conxunta dos resultados e das actitudes dos nenos/as fronte as distintas actividades.
-
Espertar o interese dos nenos/as pola procura de información: ao comezo deste proxecto informamos as familias sobre o que iamos facer, o que nos axudarían a motivar e espertar a curiosidade dos nosos alumnos/as. Para iso confeccionamos un maletín científico que cada neno tivo na súa casa. Nel cada rapaz/rapaza reflexaba, coa axuda da familia, as conclusións a unha serie de actividades que nós lle plantexabamos. Despois cada un/unha compartíaas cos seus compañeiros/as.
-
Elaborar distintos tipos de materiais implicando aos nenos/as e as súas familias: a realización dalgúns materiais que imos utilizar permite achegar aínda máis os tópicos aos noso alumnos..
-
Desenvolver estratexias que favorezan a adquisición de competencias básicas: a través de actividades de observación, manipulación, experimentación, diálogo e reflexión, o que pouco a pouco está conducin-do aos nenos/as cara unha aprendizaxe significativa que os levará a “aprender a aprender” nos distintos ámbitos das súas vidas.
|