Avaliación

InicioQuen somos Como traballamos Competencias Básicas A ciencia na aula Avaliación • ConclusiónsBibliografíaContacta con nós

 

Avaliación formativa.

       Expoñemos aquí a avaliación relativa ao desenvolvemento do traballo de programación, preparación, docencia, recursos, etc.

       Así, en canto o traballo do grupo, realízado en reunións semanais nas que se fan reflexións conxuntas sobre a marcha das actividades, dificultades atopadas, materiais utilizados, etc., resulta moi enriquecedor e motivador para todas as integrantes do grupo.

        No que se refire aos recursos utilizados para a elaboración do proxec-to, manexamos distintos libros de consulta que nos axudan a solucionar aspectos organizativos e de planificación, considerando moi importante este apoio para resolver as dúbidas que se van xerando.

         Para poder responder aos contidos científicos, recibimos sesións de docencia que son impartidas por especialistas en temas científicos, pero con experiencia no ámbito da didáctica da ciencia. Estas sesións son necesarias e moi positivas para adquirir os coñecementos esencias realtivos aos tópi-cos científicos tratados.

        En relación a avaliación dos materiais necesarios para levar a cabo as experiencias, é necesario sinalar que todos eles estiveron axustados aos contidos desenvoltos e  resultan moi motivadores para os nenos/as.


Avaliación dos procesos de ensino-aprendizaxe.

        No que se refire ao proceso de ensinanza-aprendizaxe avalíanse as capacidades tal e como recollen nos obxectivos e non os rendementos, e dunha forma global, continua e formativa. Realizamos unha avaliación inicial para pescudar os coñecementos previos dos nenos/as, e ao final do proceso, na avaliación final, valórase o grao de consecución dos obxectivos.

        Os instrumentos de avaliación son: a observación directa e siste-mática, anotando determinadas condutas, sempre con carácter cualitativo, referentes a aspectos relativos aos criterios de avaliación.   


 Criterios de avaliación.

        Entre os criterios de avaliación, que nos axudan a facer unha reflexión sobre o traballos realizado, consideramos:    

        En relación ao traballo:
                - O realismo na súa planificación.
                - Se os traballos acadan os obxectivos propostos.
                - Se os contidos estan adaptados e secuenciados                           correctamente.
                - Se  a metodoloxía é axeitada.
                - Se as actividades e a motivación para levalas a cabo                   son adecuadas á idade dos nenos/as.
       
        En relación á docencia:
                - Se aporta a información necesitada e novas ideas.
                - Se se axusta as nosas expectativas.
       
        En relación ás familia e o centro:
                - Se as familias e o propio centro participa no desarrollo                   do proxecto.
       
        En relación ao alumnado:
                 - Se estan motivados.
                 - Se colaboran na realización das distintas actividades e                    nos experimentos.
                 - Se coidan e utilizan adecuadamente o material.
                 - Se participan nas conversas.
                 - Se acadan os obxectivos propostos.
       
        En relación ao grupo de traballo:
                - A satisfacción co traballo conxunto.
                - Os materiais realizados para as actividades propostas.
                - A nosa capacidade na toma de decisións.
                - A nosa capacidade á hora de traballar                                           colaborativamente.
               
        En relación aos recursos utilizados:
                - A calidade da bibliografía utilizada.
                - Se os materiais son axeitados ou non.
                - Se os recursos suscitan interese.
                - Se os recursos axudan na adquisición de novas                          aprendizaxes.
     
        En relación ao asesoramento recibido:
                -Se está adaptado ás nosas demandas.
                -Se nos aporta a axuda que precisamos en cada                                 momento.
       
        En relación as propostas de mellora:
                - A necesidade de seguir afondando no mundo da                          ciencia.

 
Deseño e Administración da Web: Vidal & Cid