En castellano Quen somos Como traballamos Competencias Básicas A ciencia na aula AvaliaciónConclusiónsBibliografíaContacta con nósSummary

   

       Os desenvolvementos científicos e tecnolóxicos constitúen unha parte integral das nosas vidas.

       A etapa da Educación Infantil aparece nas vidas dos nenos no momento en que comezan a establecer un contacto, máis aló do puramente instintivo, cos fenómenos naturais. Por tanto, este tramo educativo debe constituir o primeiro paso cara a formación científica das persoas, e por iso levamos a Ciencia ás nosas aulas.

       Nelas, as nenas e os nenos descubren, coñecen e comprenden, nas referencias que lle son propias, fenómenos científicos que conforman a súa realidade.

       Dunha forma inequívoca estamos a falar de verdadeira Ciencia en acción.

       Pero ademais, introducindo tópicos como a luz, o magnetismo, ou o átomo, imos moito máis aló do mero achegamento da ciencia aos nenos. En efecto, os procesos que conforman o traballo científico son un instrumento enormemente eficaz para todos os elementos curriculares que deben estar presentes na Educación Infantil.

       Neste sitio Web queremos presentar o noso traballo neste campo a fin de que poda servir de axuda a quen crea tamén que a Ciencia debe ocupar un espazo protagonista no Currículum da Educación Infantil.

       Iremos incorporando a esta Web os nosos traballos segundo estean dispoñibles.

 
Deseño e Administración da Web: Vidal & Cid  -  rcid@terra.es
Copyright © 2009, Otero-Rial-Taboada-Valiño-Váquez-Vidal. Reservados todos os dereitos